- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa nos actos de conmemoración do 52º aniversario do Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no edificio multiusos da asociación de empresarios. Posteriormente, ás 12.00 horas, terá lugar a plantación da árbore número 52 na "Arboreda do tempo". Intervencións: presidente da asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera; alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, epresidente do Parlamento, Miguel Santalices.