Calendario solidario de "Down Ourense".-

Compartir
A Asociación "Down Ourense" e a Deputación de Ourense presentan unha nova edición do calendario solidario da asociación, cuxos beneficios van destinados aos programas que desenvolve esta organización. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial, coa participación da deputada provincial, Luz Doporto, e da presidenta de Down Ourense, Mara Prieto.