Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a gastroenteróloga e responsable da Unidade de Páncreas do Hospital Universitario de Ourense, María Francisco; e a asociada de ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), Belén Gómez.