Celebración do centenario de Pura Vázquez.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, participan no acto de conmemoración do centenario da escritora e mestra ourensá Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A actividade, coorganizada pola Deputación de Ourense, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación "Insua dos Poetas", terá lugar na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño). Os protagonistas do acto serán 300 escolares de educación primaria de sete centros de ensino públicos e privados, representativos da provincia de Ourense.