No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para a creación do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional en Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e os conselleiros de Educación e Economía, Carmen Pomar e Francisco Conde, respectivamente.