- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto de entrega de premios da 11ª etapa da "Vuelta a España" 2018, que rematará en Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín. Esta etapa, de 208 quilómetros, parte de Mombuey (Zamora) e rematará na Ribeira Sacra, percorrendo once concellos ourensáns: A Mezquita, A Gudiña, O Bolo, Viana do Bolo, Larouco, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín.