.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de clausura da exposición In Tempore Sueborum. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do comisario da mostra, Jorge López; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e do conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez. No acto estréase o documental In Tempore Sueborum.