O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausura mañá no mosteiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) o "Ourense Rural Summit" 2019. Previamente desenvolverase o seguinte programa de conversas e relatorios coas seguintes temáticas: ás 9.30 horas, "Saúde e sustentabilidade rural e remota"; ás 10.00 horas: "Mellorar a equidade mediante a saúde rural e a educación médica", "Proxectos de innovación social baseados en necesidades de envellecemento poboacional", "Miñocas da terra, viñedos saudables e viños naturais", "Novas vías agrarias: a vida na terra como oportunidade", "A imaxe do rural nos medios: cara e cruz informativa" e "Mundo rural: impulsar a cohesión territorial e responder ao reto demográfico". A partir das 14.00 horas terán lugar as conclusións do congreso, a sinatura do Decálogo de retos e a presentación da Estratexia do Observatorio Internacional de Investigación Rural.