Conferencia de Manuel Baltar na Casa de Galicia en Madrid.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 28 de novembro, na Casa de Galicia en Madrid (rúa Casado del Alisal, 8), nun almorzo empresarial organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), no que ofrecerá un relatorio sobre "Ourense, a provincia termal". O acto será presentado polo presidente de Aegama, Julio Lage, e moderado polo director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.