Conferencia de Manuel Baltar no "South Summit" 2015

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid no "South Summit" 2015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, para presentar as innovacións que no ámbito da xestión na administración pública está a supoñer o seu modelo de xestión á fronte da Deputación de Ourense. Na súa conferencia falará sobre "O papel das institucións públicas no desenvolvemento do sector empresarial" (The role of public institutions in the development of the entrepreneurial sector), que ofrecerá no marco da Startup School. O acto terá lugar na sede do South Summit 2015 (Praza de Touros de Las Ventas, rúa de Alcalá, 237, Madrid).