Conferencia "Leonardo, o músico".

Compartir
- O maestro organero Joaquín Saura e o músico Luis Delgado, ofrecerán unha conferencia que baixo o título "Leonardo, o músico", analizarán a faceta musical pouco coñecida do polifacético Leonardo da Vinci, apoiándose na exposición que se mostra no centro cultural "Marcos Valcárcel" ata o día 23 de febreiro. O acto terá lugar no salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel".