- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, asinarán o vindeiro luns, 6 de marzo, un convenio de colaboración para a realización de actividades conxuntas entre ámbalas dúas entidades. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.