O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinan os convenios entre ámbalas dúas institucións relativos á colaboración para actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, e o programa de mobilidade "Bolsas Ourense Exterior". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".