Debate sobre iniciativas para o reto demográfico.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid, xunto con Isaura Leal, alta comisionada do Goberno fronte ao Reto Demográfico, e a Manuel Campo Vidal, xornalista e presidente de Next, no foro de debate estatal sobre o reto demográfico que baixo o título: "Cohesión, vertebración e convivencia: unha estratexia para unha nova alianza rural-urbana", analizará as propostas que se estudan impulsar nos ámbitos tecnolóxico, sociolóxico, cultural e do emprego para facer fronte ao depoboamento do rural. O acto terá lugar na sede de Next International Business School (rúa Almagro 42, Madrid).