Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao debate sobre o estado da provincia do ano 2020. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 o pleno celebrarase por videoconferencia e a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (apartado: Canales de vídeo).