Deputacións e Xunta analizan os consorcios contra incendios

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reunirase mañá martes, 12 de xaneiro, en Santiago de Compostela co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e cos titulares das deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra para analizar o tema dos consorcios provinciais contra incendios. A reunión terá lugar na sede da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (edificio San Caetano).