Encontro de Manuel Baltar con empresarios de Ourense, en Manzaneda

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese mañá na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda con destacados empresarios ourensáns dos principais sectores económicos da provincia de Ourense. A xuntanza ten como obxectivo potenciar as liñas de colaboración entre o goberno provincial e o empresariado para levar a cabo proxectos de cooperación que xeren competitividade e emprego na provincia. Convocatoria SÓ PARA GRÁFICOS.