- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a entrega de premios e inauguración da exposición cos traballos seleccionados no XIV "Certame de Artes Plásticas" da Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos. No acto participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, os artistas premiados e os integrantes do xurado.