No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de entrega do donativo coas achegas recadadas dentro da actividade "Cata a Arte" á Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; a representante da asociación de Fibromialxia, Marina Añel; e o director do Centro Cultural, Francisco González.