O deputado Pablo Pérez participa no acto de entrega da XXXVIII edición do premio "Celanova, Casa dos Poetas" a Luz Casal. No acto tamén intervirá o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o xornalista Xaime Noguerol. Lugar: Praza Maior de Celanova -o acto arrancará cunha ofrenda diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro e logo trasladarase ó claustro barroco do mosteiro, onde a partir das 12,00 horas entregarase o premio a Luz Casal-.