Entrega do XVI Premio "Pura e Dora Vázquez"

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o acto de entrega do XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil, que terá lugar no CEIP de Maceda. O gañador desta edición na modalidade de narración foi o escritor Rafa Vilar, coa obra Os outros oficios, mentres que na modalidade de ilustración a galardonada foi María Villarino.