O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará en Celanova no acto de entrega do XXXIII Premio "Casa dos Poetas". Os actos comezarán ás 11.00 horas cunha recepción na Casa do Concello. Ás 11.30 horas, haberá unha ofrenda floral diante do monumento a Celso Emilio Ferreiro, e ás 12.00 horas, terá lugar o acto de entrega do premio, na Casa dos Poetas.