.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a entrega das achegas donadas polos asistentes ao ciclo de "Cata a Arte", promovido pola D.O. do Ribeiro en colaboración co Centro Cultural, á asociación Down Ourense. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; o director do Centro Cultural, Francisco González; a xerente do CRDO Ribeiro, Cristina Alcalá; e a presidenta de Down Ourense, María del Mar Prieto.