Entrega dos IV Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia"

Compartir
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 6 de abril, a entrega dos IV Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense. O lema desta cuarta edición é "A nosa lingua (artigo 5 do estatuto)". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.