Exposición "Aoutorretratos".-

Compartir
No centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do catálogo e da exposición "Aoutorretratos", na que 45 artistas ourensáns reflexionan sobre a figura do autorretrato con obras de pintura, escultura, fotografía, vídeo e instalacións. Asistirá o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; un dos coordenadores do proxecto, Alejandro Caporale, e o director do centro cultural, Francisco González. A mostra inaugurarase o mesmo día, ás 20.00 horas.