No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "A volta dunha ausencia", con obras escultórica do artista Pepe Galán. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do escultor Pepe Galán. A inauguración oficial da mostra será ás 20.00 horas.