Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da fase de ascenso a 1ª División Nacional de Balonmán. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o delegado da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez Otero; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; e representantes do club "Carnes do Ribeiro".