Festival Fin de Curso da Escola de Danza da Deputación.-

Compartir
A Escola Provincial de Danza celebrará no Teatro Principal de Ourense o festival de Fin de Curso 2015-2016, no que participarán 250 alumnos. Os membros da Escola, de idades comprendidas entre os 4 e 75 anos ofrecerán unha recompilación de pezas de música, canto e bailes tradicionais aprendidas durante o curso. A actividade da Escola continúa con diferentes actuacións previstas durante a tempada estival, entre as que destaca a participación no Festival Internacional de Folclore de Tarare-Lyon (Francia), que se celebrará entre os días 5 e 12 de xullo.