O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste aos actos organizados pola Garda Civil de Ourense con motivo do día da súa patroa, a Festividade do Pilar. No mediodía celebrarase unha misa na Catedral e a partir das 13.15 horas o acto institucional castrense na Comandancia de Santa Mariña.