.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 20 de xuño, a inauguración do I Congreso Red Localis. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; do director do grupo de investigación Gen, Santiago Lago, e da codirectora da Red Localis, Concepción Campos.