Na Casa da Cultura de Verín terá lugar a presentación do I Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal -MUMI Verín'20. O acto contará coa participación da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo; o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e os representantes de MUMI Galicia e Portugal, Manuel Vicente "Roxo" e José Costa.