- A antiga Biblioteca do Pazo Provincial acollerá un relatorio sobre "Análise e Perspectivas. O caso catalán", a cargo do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares, dentro da "I Semana Ourensá de Análise Política", que organizan a Deputación de Ourense e a Fundación Castelao.