.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá sábado, 28 de outubro, a inauguración da exposición fotográfica "Carlos Velo, a Volta a Cartelle", sobre o cineasta ourensán. No acto intervirán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, e o comisario da exposición, Enrique Acuña.