O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na inauguración da exposición "Filmado en Ourense. Sempre Xonxa/Chano Piñeiro, 1989-2019", dentro das actividades da 24ª edición do OUFF. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".