.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, inaugura a exposición In tempore sueborum, a máis importante de Europa sobre o reino suevo. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.