Inauguración da Ourense ICC Week 2017.-

Compartir
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 2 de maio, a inauguración da III edición do Marco das Industrias Culturais e Creativas, Ourense ICC Week 2017, que organiza anualmente a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da directora de Contidos no Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional, Elsa Punset; e do xornalista, director e guionista, Javier Rioyo.