Inauguración da "Ourense ICC Week" 2018.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará o vindeiro mércores, 2 de maio, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o Marco das industrias culturais e creativas "Ourense ICC Week" 2018. O acto de apertura contará tamén coa participación da fotógrafa e deseñadora, Ouka Leele; o artista e axitador cultura, Paco Clavel; o documentalista e comisario cultural, Juan Sánchez; a deseñadora gráfica e motion grapher ourensá, María Grande, e o deseñador gráfico, Javier Mariscal. Posteriormente, ás 21.00 horas, terá lugar a actuación do grupo musical Morgan, no Teatro Principal.