IX Marcha BTT de Monterrei.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IX Marcha BTT do Concello de Monterrei. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; e do representante do Club BTT Verín, Pablo Larrayoz.