Dentro das actividades previas á celebración da Mobile Week Ourense, a xerente do Inorde, Emma González, presenta a aplicación de seguridade e emerxencia no Camiño "CaminOUrense". Estará acompañada polo presidente do Club Asesou, Pablo Prada, quen xunto a un grupo de marcha nórdica realizará un tramo da Vía da Plata para poñer a proba esta nova ferramenta, incluída nos 'markets' de descargas a partir de mañá. Lugar: Comezo da Ponte Romana.