O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Maceda, Rubén Quintas, visitará mañá sábado, 3 de setembro, a ludoteca móbil da Deputación, que estará durante toda a xornada na vila de Maceda situada na praza Alcatruz. A ludoteca está a percorrer ao longo do verán diferentes localidades da provincia de Ourense para achegar actividades culturais e de ocio ao público infantil.