Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos novos actos organizados con motivo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; da concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; da neta do mestre Vide, Carmen Fernández; da pianista, Noemí Salomón; e do músico Óscar Ibáñez.