O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará coa representante da Asociación de Mulleres Cineastas, Chelo Loureiro, e coa presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, un convenio para a realización dun estudo con perspectiva de xénero sobre as mulleres no audiovisual galego. Lugar: sala de prensa do Pazo Provincial. A cobertura do acto (redactores e gráficos) deberá realizarse por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.