Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das "Noites teatralizadas en Pazos de Arenteiro". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e do representante da Asociación cultural de teatro Plan B, Darío Rodríguez.