- Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", o Multiusos de Cea acollerá mañá mércores, 3 de maio, un debate sobre "O futuro da música na era dixital", onde intervirán a xornalista cultural Marta Gómez; a cofundadora da plataforma ¡Queremos entrar!, Almudena Palacios; o Brand Activation Director na multinacional M&C Saatchi, Daniel Sanchís; o músico e compositor, Miqui Puig; e a manager e presidenta de MMF Spain, Patricia Hermida.