Parque da Igualdade.-

Compartir
 Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do proxecto do Parque de Igualdade, que se realizará en Cachamuíña (Pereiro de Aguiar). Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a deputada provincial de Igualdade, Luz Doporto. A cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live). Posteriormente, ás 12.00 horas, diante do Pazo Provincial, gardarase un minuto de silencio conmemorando o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.