.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 2 de febreiro, a sinatura do convenio do "Plan Activamos – Transforma Ourense" 2017 entre a Deputación de Ourense e Abanca, así como o balance do Plan do ano anterior. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Negocio Institucional España de Abanca, Santiago Novoa; e o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra.