Plan Activamos – Transforma Ourense 2018.-

Compartir
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 20 de febreiro, a sinatura do convenio do "Plan Activamos – Transforma Ourense" 2018 entre a Deputación de Ourense e Abanca. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa; e do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra.