A corporación provincial celebra un pleno de carácter extraordinario atendendo á solicitude do grupo do PSdeG, que "reclama a dimisión inmediata do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome". Lugar: Salón de Plenos do Pazo Provincial. A cobertura informativa poderá realizarse de xeito presencial no salón de plenos ou por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.