Pleno infantil, dentro da Semana Escolar da Provincia

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá o vindeiro luns, 21 de novembro, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a rapaces e rapazas do colexio "Pablo VI-Fátima" do Concello da Rúa, que realizarán un pleno infantil no que debaterán sobre o medio ambiente e o patrimonio natural da provincia de Ourense, lema da 4ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación".