- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, recollerá en Madrid o Premio "Ciudades Inteligentes", que concede a Asociación Premios Ciudadanos á Deputación de Ourense polo proxecto "Provincia Intelixente". Previamente a este acto, ás 18.10 horas, o director de Transparencia da Deputación, Fernando Suárez, participará como relator na xornada multimedia "La Era Digital", na que presentará o proxecto polo que o ente provincial foi galardoado. O acto terá lugar no Salón de Actos da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital (rúa Poeta Joan Maragall, 41, Madrid).